martes, 19 de febrero de 2008

A nosa biblioteca escolar "As Bolboretas"


A Nosa Biblioteca Escolar "As Bolboretas"



A nosa biblioteca escolar chámase “As bolboretas”. Átopase no C.E.I.P. Wenceslao Fernández Flórez de Cambre, situada no edificio de administración.
Pódena usar os alumnos e as alumnas, os pais e nais , e por suposto os profesores e profesoras e toda a comunidade educativa.
Está aberta no horario lectivo, de 09:30 a 14:30 h. e de 16:00 a 17:15 h.
A biblioteca divídese en tres partes: a zona de literatura de ficción, nada máis ao entrar pola porta principal. Utilízase para facer o préstamo de libros, ler e escoitar contacontos. Tamén atopamos revistas e periódicos.
A segunda parte, de literatura de divulgación, serve para buscar información e investigar para ampliar os traballos da clase.
E a terceira parte correspóndese a zona de informática, onde hai 16 ordenadores, 2 impresoras, e un escánner que tamén se utilizan para buscar información, e facer outras tarefas.
Xián García Veiga 5ºA C.E.I.P.
Wenceslao Fernandez Florez (Á Coruña)

No hay comentarios: