Intercambio de libros no noso colexio
Este ano o 23 de abril, Día do Libro, fixemos un intercambio de libros no noso colexio. Facíase levando da casa un ou dous libros como máximo. Cambiábanse por outros da mesma categoría e tíñamos que entregalos a semana anterior do intercambio.
O día do mercadillo baixábamos por cursos ao salón de actos do colexio.
Os organizadores eran os nenos de 6º curso. Ao baixar facíamos o cambio de libros, pero ocorreu un pequeno problema. Cando baixamos os alumnos e alumnas de quinto curso non había suficientes exemplares. Non sabemos o motivo, pero a Xefa de Estudios solucionou este incidente traendo libros da nosa biblioteca.
E despois, ao finalizar, dábannos unha piruleta a cada un. Logo subimos á nosa aula e continuamos as clases.
Esperemos que o próximo ano se faga outro intercambio mellorando os aspectos que saíron mal.
Xián García Veiga 5ºA
martes, 17 de junio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario